Volver a la lista

VENRES DE CONSUMO RESPONDE: 20 NOVEMBRO ÁS 12,30 H. ... VIVENDAS EN ALUGUER

Información Xeral

17-Noviembre-2026 12:04

Imagen de evento


A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.

Este venres 20 de novembro ás 12.30 horas celebraremos a través da aula virtual de Consumo unha actividade na que se vai falar da VIVENDA EN ALUGUER. Tamén responderemos a todas as dúbidas que teñades.

Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.

 Para participar:

1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl

2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL

3º.- Verás que estás na AULA VIRTUALDE CONSUMO, preme na ligazón que pon  VENRES DE CONSUMO RESPONDE". 

4º.- Preme na ligazón que pon "Videoconferencia".

5º.-OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en "Únase desde el navegador"

6º.- UNIRSE Á REUNIÓN

 Escola Galega do Consumo 

Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.

15707 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 999 091- 881 999 093