Volver a la lista

AVISO AMARELO POR CHOIVAS E VENTOS

Información Xeral

18-Noviembre-2026 11:21

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 400/71 GAL emitido o día 18/11/2026 ás 09:29 horas, dun fenómeno metereolóxico adverso de NIVEL AMARELO por CHOIVAS que afectará ás provincias de PONTEVEDRA (INTERIOR E MIÑO) e OURENSE (NOROESTE), que dará comezó a primeira hora da tarde de hoxe e se prolongará ata últimas horas da madrugada do xoves 19. En Pontevedra esperanse acumulados de 15 litros por metro cadrado nunha hora, e de 40 litros metro cadrado en 12 horas, tanto en Ourense (Nororeste) como en Pontevedra (Interior e Miño), na zona de Pontevedra (Miño), esperanse esos acumulados na zona máis interior.


No mesmo boletín informase de NIVEL AMARELO por VENTOS de compoñente Oeste, que poden acadar refachos de 80 km/h, en LUGO (A MARIÑA) actualmente en curso ata a madrugada, en A CORUÑA (NOROESTE E OESTE) desde mediodía e OURENSE (MONTAÑA), LUGO (MONTAÑA) e de 70 km/h en OURENSE (VALDEORRAS) e PONTEVEDRA (INTERIOR) desde primeiras horas da tarde de hoxe.


Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112.
_____________________________________________________________________________

Adjuntos: