Ourol Informa
BONO SOCIAL ELÉCTRICO ¿QUEN PODE ACCEDER Ó BONO SOCIAL ELÉCTRICO? Condición: ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10 kw e estar acollido á facturación regulada (PVPC) - CONSUMIDORES VULNERABLES: o Unidades familiares sen menores con renda anual inferior ou igual a 11.279,38 € o Unidades familiares con 1 menor e con renda anual inferior ou igual a 15.039,18 € o Unidades familiares con 2 menores e con renda inferior ou igual a 18.798,97 € *Circunstancias especiais: para vítimas de violencia de xénero, vítimas do terrorismo e fogares con algún membro con discapacidade superior ó 33%, os limiares de renda veranse incrementados en 0,5 veces o IPREM - FOGARES VULNERABLES SEVEROS: 50% das rendas establecidas para os vulnerables. - FOGARES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL: nos que a administración local ou autonómica decide intervir, contribuindo co 50% do custe dese suministro. - SEGUEN SENDO BENEFICIARIOS DO BONO SOCIAL: o AS FAMILIAS NUMEROSAS: Sen límite de renda. Serán considerados consumidores vulnerables severos si a renda anual é inferior ou igual a 15.039,18€ o FOGARES CON TODOS OS INTEGRANTES PENSIONISTAS: Que perciban a cuantía mínima vixente. Se non superan o IPREM anual (7.519,59 €) serán considerados fogares vulnerables severos. ¿ CALES SON OS BENEFICIOS?: Desconto do 25% da factura eléctrica e ata un 40% no caso de consumidores vulnerables severos. Os consumidores en risco de exclusión social terán a factura gratuita. Este desconto só será aplicable a un consumo mensual básico que se asigna a cada tipo de fogar: o Unidade familiar sen menores: 120 kW/mes o Unidade familiar con un menor: 140 kW/mes o Unidade familiar con 2 menores: 170 kW/mes o Familias numerosas: 300 kW/mes o Pensionistas: 140 kW/mes RENOVACIÓN: Cada 2 anos. No caso de familias numerosas non é necesario a súa renovación. CONSUMIDORES XA ACOLLIDOS Ó BONO SOCIAL: O PRAZO AMPLÍASE ATA OUTUBRO DE 2018 SOLICITUDES: Poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais.
Servicios Sociales 12-Abril-2018 13:25