Ourol Informa
CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL O Concello de Ourol, un ano máis, colabora coa Consellería de Sanidade, para difundir entre os nosos vecinos e veciñas a CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL, que xa está en marcha dende o pasado 22 de outubro e que rematará o vindeiro 28 de decembro. POBOACIÓN DIANA: - Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as persoas de 65 ou máis anos. - Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos) - Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación - Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico - Profesionais de centros sanitarios, servizos e establecementos - Estudantes en prácticas en centros sanitarios - Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos - Persoas que proporcioonan coidados domiciliarios a pacientes de risco ou a persoas maiores - Membros da familia e convivintes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco - Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade - Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres. No caso de pertencer a algún grupo de risco, pidan cita e acudan a vacunarse ó Centro de saúde.
Servicios Sociales 24-Octubre-2018 10:39