Ourol Informa
ENTREGA DE MOCHILAS ESCOLARES No marco do acordo de colaboración entre o Concello de Ourol e a empresa Greenalia S.A para atender gastos polo comezo do curso académico, entregarase unha mochila escolar a cada alumno/a no momento en que formalice a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para alumnado empadroado no concello de Ourol que se atope matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, para o curso 2020/2021, unha vez verificado que cumpre cos requisitos que dan dereito á axuda.
Servicios Sociales 09-Septiembre-2020 13:30