Volver a la lista

I Trail Pazos de Borbén

Deportes

22-Enero-2020 11:16

Imagen de evento

Xa temos cartel do I Trail “Pazos de Borbén” , anímate e participa!! Xa está aquí!!! Unha nova edición dun trail que chegou para quedarse e facerse un fixo no calendario dos trails do sur de Galicia, volve a conquista do maxestuoso Galleiro..!! Tras unha exitosa primeira edición, volvemos cunha segunda chea de novidades basadas nun estudiado feedback da anterior edición. Un percorrido totalmente renovado, e todo organizado polo Excelentísimo concello de Pazos de Borben coa colaboración especial do Canicross Vigo, xa experto nestas lides. un percorrido 90% novedoso, con case cero kms de pista, maís sendas e camiños, subidas kilométricas, baixadas trepidantes... sintete coma un xabarín atravesando os matorrais, deixa voar a tua mirada na cima e as súas impresionantes vistas, se un lobo se te invade a néboa, atravesa o río cual basilisco, e coma non, cas vacas cachenas,novas inquilinas do Galleiro, coma espectadoras de luxo!!. Como adianto dúas distancias, 14 km con +700, para os maís iniciados ou os que desexan un rápido sufrimento, e para os mais expertos 28km con +1800, un trail duro pero cheo de aventura e emocións. Podes ser o Rei ou a Raiña da montaña con premios especiais ós primeiros en coroar a cima do Galleiro, proba a ser o Fast & Furious do tramo cronometrado secreto, carallo!! será en subida? será en baixada? será ambas cousas?, sorpresas, sorteos..imaxinaste sair do último avituallamento cun xamón nas mans?. Anota ó teu equipo para a clasificación de clubs, disfruta da festa xunto a casa do concello, garda está data, tatúa na túa pel, pero non esquezas o evento Top deste 19 de Abril en Pazos de Borbén , vémonos!!!!