13-Septiembre-2021 12:21
Ola de novo veciños e veciñas de Pazos de Borbén; seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS".
Volvemos a retomar as actividades de animación á lectura despois do período vacacional cunha serie de actividades para público infantil e mozo coas que queremos contribuír a animar un pouco esta época de pandemia que non da rematado.
O noso obxectivo é seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo, animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades xa que ésta é un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal que debemos aproveitar toda vez que é un servizo gratuito prestado polo concello.
BIBLIOPAZOS segue ofrecendo espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.
As próximas actividades que presentamos para os vindeiras semanas atópanse incluídas no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.
As actividades as realizaremos no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio ao acceder ao recindo o uso de máscara, a desinfección das mans e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.
IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTAS ACTIVIDADES É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.
LER CONTA MOITO ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios. Con este programa preténdese:
PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS
E NON VOS ESQUEZADES!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.