Ola amigas e amigos da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".
Comezamos as actividades de animación á lectura deste mes de setembro co desexo de cumprir o noso obxectivo de seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades; ademáis de ofrecer espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.
A primeira das actividades terá lugar o próximo
XOVES 16 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 12:30 HORAS, no que contaremos con
DIEGO GONZÁLEZ HERMIDA "O CALBOROTA" que nos traerá o seu espectáculo
"UN RATO MÁXICO" no que
"Don pergamiño, un vello e simpático rato de biblioteca extraordinaria que le tódolos libros que aparecen nas súas mans e os interpreta de tal xeito que os nenos e as nenas viven o seu contido e as súas aventuras como se foran propias".
Un show interactivo de maxia educativa onde se mestura o ilusionismo co contacontos e os monicreques, fomentando a imaxinación e a participación co obxectivo principal de animar á lectura.
Estamos seguros que durante os 60 minutos que dura o espectáculo os convidados a esta actividade, os alumnos de INFANTIL do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, pasarán "UN RATO MÁXICO" estupendo e moi divertido.
A actividade se realizará no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.
Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.
PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS
E NON VOS ESQUEZADES!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.