Ourol Informa
Vista a convocatoria de FOLGA XERAL na Mariña o día dezasete de novembro. Vista a importancia da reivindicación que se plantexa en toda a Mariña, un futuro industrial para a comarca, ante o desmantelamento industrial que se ven sufrindo nos últimos anos, e máis recentemente co anuncio de peche da fábrica de Alcoa e recentemente da planta de Vestas en Viveiro.
O concello de Ourol súmase á Folga Xeral na Mariña convocada para o vindeiro dezasete de novembro, co obxectivo de reclamar un futuro industrial para a comarca.
Como mostra de apoio a esta folga, ACORDOUSE:
1º.- O peche dos servizos municipais, Oficinas da Casa do concello, Biblioteca Municipal, Centro de Fisioterapia, Centros Sociais, Pavillón deportivo e a cancelación, durante esa xornada, das actividades para maiores.
2º.- Establécese o mantemento dos seguintes servizos municipais como servizos mínimos:
.- Rexistro municipal en horario de 09:00 horas a 14:00 horas.
.- Protección civil.
.- Servizos Sociais,( para atencións de urxencia de SAF ao teléfono: 677489457).
.- Servizo de axuda no fogar ( desenvolverase con normalidade)
.- Servizo de augas e recollida de lixo.

Archivos adjuntos:
Info General 16-Noviembre-2021 09:30