13-Febrero-2022 08:05
Como en anos anteriores desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén – BiblioPazos iniciamos a programación cultural-educativa de animación á lectura cunha actividade que terá lugar o próximo Venres día 18 de febreiro coa que queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.
Esta conmemoración celébrase desde que a ONU (ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS) na súa Asemblea Xeral o 22 de decembro de 2015 decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA co obxectivo principal de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero.
Tamén convidou a todos aos Estados Membros, organizacións e órganos do sistema das Nacións Unidas, a outras organizacións internacionais e rexionais, ao sector privado e ao mundo académico, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais e os particulares, a celebrar este día a través de actividades de educación e sensibilización pública a fin de promover a participación plena e en condicións de igualdade das mulleres e as nenas na educación, a capacitación, o emprego e os procesos de adopción de decisións na ciencia, eliminar toda forma de discriminación contra a muller, mesmo nas esferas da educación e o emprego, e sortear as barreiras xurídicas, económicas, sociais e culturais respecto diso mediante, entre outras cousas, a promoción do establecemento de políticas e plans de estudo no campo da ciencia, incluídos programas escolares, segundo corresponda, para alentar unha maior participación das mulleres e as nenas, promover as perspectivas de carreira das mulleres na ciencia e recoñecer os logros das mulleres na ciencia.
Como dixemos ao principio desta noticia para conmemorar este importantísimo día realizaremos unha actividade que será impartida por Uxía Tenreiro López e Marcia Ares do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC).
“OCEANOTECA” é un obradoiro no que os participantes mediante xogos, contos e manualidades poderán aproximarse ao océano e aos animais que viven nel e que se desenrolará da seguinte forma:
En primeiro lugar haberá presentación e información xeral sobre o CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO empregando imaxes do libro “OS BOLECHAS. O CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO” que pode descargarse en formato PDF no seguinte enlace:
http://www.ieo.es/es_ES/web/vigo/libro-os-bolechas
Seguidamente representarese o conto “A camiseta do capitán”, que permitirá, de xeito lúdico, introducir os alumnos nas campañas de investigación que leva a cabo o Instituto Español de Oceanografía. Finalizado o conto os participantes realizarán a través da papiroflexia do buque oceanográfico Ángeles Alvariño.
Presentaráse de forma breve "OCEÁNICAS", un proxecto do INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) en colaboración coa FUNDACIÓN ESPAÑOLA PARA A CIENCIA E A TECNOLOXÍA (FECYT) do MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN, que enmarca en 2022 as actividades lo 11F; e daremos por rematada a actividade coa representación do conto “O peixe Arcodavella”.
Participarán os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da Escola de Educación Infantil “A Galeriña” de Nespereira e realizarase en tres sesións: