03-Marzo-2022 08:15
Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e de sensibilización e dinamización da lingua galega de 2022, e en próximas datas conmemoraremos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que se celebra en todo o mundo o próximo martes 8 de marzo.
BIBLIOPAZOS adhírese a esta conmemoración coa programación dos seguintes eventos:
O luns 7 de marzo de 10:00 a 11:00 horas no Auditorio do Concello teremos en Pazos de Borbén a Lucía L. Golán de Trémola Teatro co contacontos pola igualdade "8(M)ULIER" dirixido aos escolares de 1º e 2º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"Que pasaría se reinventásemos un conto tradicional?
Se as princesas xa non necesitaran ser salvadas?
E se fose necesario reverter o feitizo?
8M(ulier) reivindica a figura da muller a través de contos, cancións e poemas.
Unha viaxe que non deixará indiferente a ninguén"
"Esta é a historia dunha nena que, nunha festa de pixamas, descobre un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas".
A través de distintas historias e xogos de maxia O Mago Paco traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflexados.
Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo.
Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que:
E con esta actividade rematamos as do mes de marzo mentres seguimos preparando as dos vindeiros meses de Abril, Maio e Xuño.
"Ser diferente é o máis divertido e xenuino que temos os seres humanos"·