Volver a la lista

"UNHA NENA MOI MOI VALENTE" Un contacontos pola igualdade de TRÉMOLA TEATRO para conmemorar o Día Internacional da Muller

Cultura e Ocio

04-Marzo-2022 08:30

Imagen de evento

E seguimos conmemorando o Día Internacional da Muller coas actividades de animación á lectura e sensibilización e dinamizacióin da lingua galega programadas por BiblioPazos.

Neste ocasión informamos da actividade que terá lugar tamén o luns 7 de marzo de 13:00 a 14:00 horas  no Auditorio do Concello no que teremos outro contancontos pola igualdade denominado "UNHA NENA MOI MOI VALENTE" que levará a cabo Paula Regueiro García de Trémola Teatro dirixido aos escolares de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

"Esta é a historia dunha nena que, nunha festa de pixamas, descobre un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas".

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.