03-Junio-2022 14:08
CITA PREVIA A PARTIR DO 13 DE XUÑO.
¿Como pido cita?
Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
¿Qué servizos se prestan?
Servizo de podoloxía:
Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
Servizo de audioloxía:
Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria:
Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
¿A quen vai dirixido?
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.