06-Octubre-2022 10:50
                        Lembramos que a Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía  os VENRES  DE CONSUMO RESPONDE.
                Polo que este  venres ás 12.30 celebrarase de novo a través da aula virtual de consumo unha  charla aberta sobre o consumo e os nosos dereitos para tratar A REPARACIÓN DE VEHÍCULOS.
 
  Responderase a todas as dúbidas que se teñan en materia de consumo en relación a ditas controversias.
 
   Toda aquela persoa  que desexe participar unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.
 
   Para participar:
 
  1º.- Entra na  web do IGCC:
 
  https://consumo.xunta.gal/gl
 
  2º.- Pincha na  foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
 
  3º.- Verás que  estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
 
  OLLO! Se non ten  Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
 
  4º.- UNIRSE Á  REUNIÓN
 
  
Escola Galega do Consumo 
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo
  
15707 Santiago de Compostela
  
Teléfono: 881 999 091