11-Octubre-2022 14:41
DON AVELINO LUIS DE FRANCISCO MARTÍNEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CORTEGADA (OURENSE).
FAGO SABER QUE:
Resoltas as incidencias na ZA abastecemento do Carballal, na cal se procedeu a limpeza do depósito e da rede de abastecemento de Cortegada, dende o martes día 11/10/2022, esta xa é APTA para o consumo.
Por tal motivo, comunícase aos veciños a volta a normalidade.
Agradecemos a colaboración de tódolos veciños.
O Alcalde
Asdo. Avelino Luis de Francisco Martínez
ASINADO ELECTRONICAMENTE (Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público)