02-Marzo-2023 10:33
                        Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral  temporal, mediante concurso-oposición de dez peons forestais a xornada  parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de fomento do  emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos  2022 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
  
Tipo de contrato e  duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da  producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.
  
O prazo de presentación de instancias  estará aberto desde o 6 ao 10 de marzo de 2023 (ambos inclusive)
  
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
  
As  bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de  Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es