-  
 REQUISITOS:
 -  
 Requisitos xerais:
 
 
 As axudas deberán ser solicitadas por quen ou quenes teñan a patria potestade, tutela ou curatela do alumnado.    
-  
 Que todos os membros da unidade familiar se encontren empadroados no 	Concello de Ourol na data da solicitude, cunha antigüidade mínima 	de tres meses.
 
-  
 Estar matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación 	primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, 	en centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 	2023/2024.
 
-  
 Que ningún membro da unidade familiar teña débedas pendentes co 	Concello de Ourol.
 
-  
 Requisitos económicos:
 
 Que a renda per cápita anual da unidade familiar non supere os 10.000 euros.  
-  
 DOCUMENTACIÓN:
 -  
 Solicitude debidamente cumplimentada que estará a disposición d@s 		solicitantes no Departamento Municipal de Servizos Sociais e na 		Sede Electrónica do Concello de Ourol. A solicitude será única 		para todos/as os/as fillos/as e nela especificarase o nivel de 		estudos que vai a realizar cada un/unha. Cada un/unha deles/delas 		recibirá a contía que lle corresponda segundo os criterios 		establecidos nestas bases.
 
-  
 Fotocopia do DNI d@ solicitante e do resto dos membros da unidade 		de convivencia obrigad@s a obtelo.
 
-  
 Fotocopia do libro de familia.
 
-  
 Fotocopia da declaración da renda do exercicio 2022 		ou certificado de imputacións do IRPF relativo a tódolos membros 		computables da unidade de convivencia maiores de 18 anos.
 
-  
 Documentos acreditativos das circunstancias socio-persoais 		alegadas. (Certificado acreditativo de atoparse en situación de 		desemprego, Certificado de discapacidade ou de ter recoñecida unha 		incapacidade permanente, Certificado acreditativo da condición de 		familia monoparental, Título de familia numerosa e documentación 		acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero, 		segundo o caso)
 
-  
 Certificado de número de conta bancaria onde se efectuará o 		ingreso no caso de ser beneficiari@ da axuda.
 
-  
 Documento acreditativo de atoparse matriculado/a en segundo ciclo 		de educación infantil, educación primaria, educación secundaria 		obrigatoria ou educación especial para o curso 2023/2024.
 
 
 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 15 DE SETEMBRO DE 2023
Para máis información e para a presentación das solicitudes: DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS (982559109/677489457)