06-Septiembre-2023 10:54
                        A Xunta, a través do Instituto Galego  do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES  DE CONSUMO RESPONDE.
 
 
 Polo que este venres  8 de setembro ás 12.30 celebraremos  a través da aula virtual de consumo unha  charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras coa VOLTA AO COLE!  
 
 
 Farase unha pequena exposición sobre  os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
 
 
 Xuntamos a este correo as charlas  abertas que levaremos a cabo este mes de setembro.
 
 
 
 Toda aquela persoa que desexe participar  unicamente ten que acceder os venres ás 12.30 na nosa web.
 
  
 Para participar:
 1º.- Entra na web do IGCC:
 https://consumo.xunta.gal/gl
 2º.- Pincha na foto que ves na páxina  principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
 3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA,  pois prema na ligazón para acceder á mesma.
 OLLO! Se non ten Webex instalado,  prema en "Únase desde el navegador"
 4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Escola Galega do Consumo    Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo   15707 Santiago de Compostela
  
Teléfono: 881 999 091