A Mezquita Informa
A Concellaría de Asuntos Sociais do Concello de Sober, por medio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, elaborou o proxecto  INMARCESIBLES, exposición fotográfica sobre a beleza femenina, realzando a auténtica beleza,mostrando o sexo feminino tal é como é e non como pretenden que sexa."Queremos que aquilo que a nosa sociedade ve e transmite como defectos e complexos se perciba como o que verdadeiramente é, o corpo de todas as mulleres, a súa realidade. Para conseguir este obxectivo, contamos coa participación libre de diversas mulleres, do concello de Sober, que quixeron mostrarse tal e como son, defendendo todo tipo de corpos femininos e reivindicando a súa aceptación." Conta con 19 fotografías.
 Pódese visitar na Casa do Concello da Mezquita, planta baixa, do 6  de maio ao 20 maio, en horario de 9:00 a 14:30.




Archivos adjuntos:
Información Xeral 06-Mayo-2024 20:00