07-Mayo-2024 12:53
🚁💦 Medidas contra incendios 💦🚁
🚧👷♀️ O noso municipio contará proximamente cun novo depósito de auga para a loita contra incendios. Este novo recurso chega tras as peticións continuadas do goberno local ante a Xunta de Galicia. 👷♀️🚧
🏊🏊🏻♀️ A carga dos helicópteros na piscina municipal causaba moitos trastornos, polo que esperamos que isto non volte a suceder 🏊🏻♀️🏊
🧯🔥 Desexamos que este novo punto de carga se use o menos posible, xa que iso indicaría que os nosos montes están libres de lapas 🧯🔥