A Mezquita Informa
CONVOCATORIAS CURSOS DE FORMACIÓN PROTECCIÓN CIVIL.

No DOG de hoxe veñen de publicarse as convocatorias de CURSOS BÁSICOS para os CANDIDATOS/AS a voluntarios/as de Protección Civil, nas modalidades descentralizada e en liña, así como os CURSOS PRESENCIAIS DESCENTRALIZADOS no ámbito da formación continúa para o personal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
DESA; Accidentes en estrada; Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais; Busca de persoas desaparecidas.

DESTINATARIOS:
Cursos básicos. Estar inscrito/a como candidato/a a voluntario/a na correspondente AVPC do teu concello ou mancomunidade, inscrita no Sistema Integrado de Protección Civil de Galicia.

Cursos de segundo nivel: Os voluntarios/as que teñan superado o curso básico de protección civil e estar como voluntario/a en activo na correspondente AVPC.

SOLICITUDES:
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nestas resolucións deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da AGASP (https://agasp.xunta.gal/gl); non se admitirá ningún outro tipo de solicitude.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:
O prazo de inscripción será de 7 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación destas resolucións no DOG.
O prazo remata o venres 18 de marzo 2022.

LIGAZÓNS CONVOCATORIAS:
CURSOS BÁSICOS:
https://www.xunta.gal/.../AnuncioO3C2-020322-0001_gl.html

CURSOS FORMACIÓN DESCENTRALIZADA:
https://www.xunta.gal/.../AnuncioO3C2-020322-0002_gl.html

Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP







Protección Civil 11-Marzo-2022 14:26