A Xunta de Galicia pon en marcha un plan de formación de xuventude e voluntariado que chegará a máis de 2400 persoasO Programa incluirá 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitan complementar o currículo.O prazo de inscrición estará aberta dende hoxe ás 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos. A Xunta de Galicia porá en marcha un Plan de formación de Xuventude e Voluntariado que chegará a máis de 2400 persoas de toda a comunidade. A iniciativa, que se celebrará durante este ano, incluirá un total de 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitirán complementar o currículo dos técnicos de xuventude e profesionais do tempo libre, así como ofrecer alternativas formativas á mocidade en xeral desde o eido da educación non formal. No caso concreto da área de xuventude, a ampla oferta formativa ofrece contidos en temas de actualidade e de interese para a mocidade como as habilidades para a empregabilidade e o liderado, recursos para o emprendemento no rural, oratoria, deseño 3D, robótica, temas audiovisuais, condución segura, etc. Para a especialización dos profesionais de tempo libre abordaranse temáticas como a educación emocional, a dixitalización, recursos para un ocio inclusivo e accesible, formación en actividades náuticas, eSports, violencia en contornos dixitais, etc. No ámbito da acción voluntaria, ademais da formación básica e especializada, tamén se ofrece formación específica nas seguintes áreas: ambiental, interxeracional, educación, igualdade, acción social, linguaxe LSE, emerxencias e nocións sobre a correcta solicitude e presentación das subvencións de voluntariado. Cursos para a xuventude Ofértanse un total de 36 cursos formativos con preto de mil prazas destinados a técnicos, profesionais do eido do tempo libre e mozas e mozos en xeral. Destes, 27 son de carácter presencial e 9 en liña. Poderanse inscribir persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, técnicos e profesionais do eido do tempo libre. Cursos de voluntariado Así mesmo, para persoas voluntarias e entidades inscritas no Rexistro de Acción de Galicia ofértanse 21 cursos formativos con case 1500 prazas. A Xunta organiza 10 de xeito presencial e 11 en liña. Poderanse inscribir persoas maiores de 16 anos. Prazo de inscrición O prazo de inscrición para ambos apartados formativos ábrese o luns 11 de abril a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos. As inscricións faranse a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org. https://formacion.voluntariadogalego.org/ A selección das persoas participantes será por rigorosa orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. De igual xeito, unha mesma persoa pode apuntarse a máis dun curso se cumpre os requisitos. |
Información Xeral 11-Abril-2022 14:26
|