A Mezquita Informa

Lembramos que a Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.

Polo que este venres ás 12.30 celebrarase de novo a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre o consumo e os nosos dereitos coa VOLTA AO COLE.

Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos neste inicio de curso e responderase a todas as dúbidas que se teñan  en materia de consumo.

Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.

  Para participar:

1º.- Entra na web do IGCC:   https://consumo.xunta.gal/gl

2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO

3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.

OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN


Escola Galega do Consumo

Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.

15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 091



Archivos adjuntos:
Información Xeral 14-Septiembre-2022 13:26