A Mezquita Informa
Trátase dun programa de acompañamento activo para a reincorporación ao mercado laboral de persoas entre 45 e 60 anos da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.  
 A duración total é de 15 horas de formación en competencias útiles para a procura de emprego, tanto dixitais como offline, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

 O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas entre 45 e 60 anos da provincia de Ourense que necesiten reincorporarse ao mercado laboral. Para elo deseñarase un itinerario formativo mellorando as habilidades e competencias no ámbeto dixital, co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral.

 A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace:
https://forms.gle/7ZHwD5R74oTt4TLd8

A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo, Vilariño de Conso
DÍAS:      24-28 outubro    (luns, martes, xoves e vernes)   de 09.30- 13.15 horas

Para calquera dúbida, tamén pode chamar ao teléfono 988 391 110 ou enviar un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es



Archivos adjuntos:
Formación 16-Septiembre-2022 12:39