A Mezquita Informa

AXUDAS PARA OBTENCIÓN DE PERMISO DE CONDUCCIÓN CLASE B, C e D

Importe das axudas:
400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D (novidade nesta convocatoria)

Requisitos (no día de presentación da solicitude):
-Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no SNGX (Sistema Nacional de Garantía Xuvenil) e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

Prazo e forma de presentación:
As solicitudes poden presentarse ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Documentación que debe presentarse coa solicitude:
-Autorización temporal para conducir no caso de ter aprobado o/s carné/s pero que o documento aínda non fose expedido.
-Certificado/s de empadroamento histórico no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
-Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación).
-Anexo III (cuestionarios relativos os indicadores de produtividade e de resultado inmediato).

Máis información no DOG do 28 de setembro de 2022
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220928/AnuncioG0657-150922-0003_gl.html




Archivos adjuntos:
lnformación Xuvenil 29-Septiembre-2022 12:48