A Mezquita Informa
Lembramos que a Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Polo que este venres día 10 de febreiro ás 12.30 celebrarase de novo a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre A FACTURA DA LUZ.
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Envíase xunto co correo a programación dos VENRES DE CONSUMO de febreiro.
Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.
  Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
 
Escola Galega do Consumo


Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.

15707 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999 091



Archivos adjuntos:
Información Xeral 08-Febrero-2023 14:19