A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Polo que este venres 8 de setembro ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras coa VOLTA AO COLE! Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo. Xuntamos a este correo as charlas abertas que levaremos a cabo este mes de setembro. Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder os venres ás 12.30 na nosa web. Para participar: 1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl 2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO 3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador" 4º.- UNIRSE Á REUNIÓN Escola Galega do Consumo Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo 15707 Santiago de Compostela Teléfono: 881 999 091 Archivos adjuntos: |
Información Xeral 06-Septiembre-2023 10:54
|