Publicanse as listaxes definitivas de persoas admitidas e de persoas que non obteñen praza nas actividades da convocatoria Concilia verán 2026 e actividades de ocio 2026.
Mais info na seguinte ligazón: https://i.gal/qMHf8
Publicanse as listaxes definitivas de persoas admitidas e de persoas que non obteñen praza nas actividades da convocatoria Concilia verán 2026 e actividades de ocio 2026.
Mais info na seguinte ligazón: https://i.gal/qMHf8
Hoy a las 09:11
Conciliación
PERSOAS BENEFICIARIAS:
A) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ter 65 anos ou máis
- Ser pensionista de xubilación
- Ser pensionista de viuvez con 55 anos cumpridos
- Percibir outras pensións con 60 anos cumpridos
- Ser perceptora de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos
- Cónxuxes de calquera idade e fillos/as con discapacidade igual ou superior ao 45 %
B) Persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro, sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado A).
C) Persoas españolas de orixe emigrante que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigrasen.
DESTINOS:
- Zona Costeira Peninsular
- Zona Costeira Insular
- Turismo de Escapada:
· Circuítos Culturais
· Turismo de Natureza
· Capitais de Provincia
· Cidades de Ceuta e Melilla
SOLICITUDES:
Do 22 de xuño ata o 10 de xullo de 2026
Preferiblemente a través da sede electrónica do Imserso · www.imserso.es
Tamén no Centro Social Polivalente, situado na Avenida de Santa Minia, 46, con cita previa no 981 50 99 10.
Ayer a las 13:04
Servizos Sociais
O vindeiro martes 23 de xuño, unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará no Concello de Brión diante do CEIP de Pedrouzos. De 15:30 a 21:00 horas.
O verán é a época do ano de maior dificultade para acadar as doazóns de sangue que precisan os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes. Coa suma de esforzos de todos será posible acadar as máis de 20.0000 doazóns de sangue que precisan os hospitais galegos durante este verán, para atender a preto de 6.500 doentes que requiren tratamento con compoñentes do sangue para recuperar a saúde.
Recorda que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non esquezas traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e informar ao médico se estas a tomar algún medicamento. Non fagas unha comida copiosa antes de doar.
Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros.
Dúbidas 900 100 828
Mais info: https://i.gal/E1hEO
Ayer a las 11:00
Novas
O Concello de Brión ven de publicar as listaxes defintivas de persoas admitidas e non admitidas na adxudicación de prazas da Escola Infantil Municipal para o curso 2026/2027.
Mais info: https://i.gal/i6Sd3
16-Junio-2026 10:36
Servizos Sociais
A biblioteca municipal convídanos a participar no espectáculo "Historias de bicharracos" a cargo de Marcos Dios Aguado.
Un espectáculo teatral, contacontos e musical para público infantil e familiar. Un serán que quere sensibilizar cara a dependencia dos máis pequenos polas pantallas e a perda do hábito lector.
DATA: 25 de xuño
HORA: 12:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Patio do CEIP de Pedrouzos
Recomendado para crianzas de 3 a 11 anos | Duración: 50 min.
Entrada libre para todas as crianzas.
Máis información sobre a actividade e reserva de praza: https://bibliotecadebrion.blogspot.com/2026/06/historias-de-bicharracos-un-contacontos.html
12-Junio-2026 17:33
Cultura e deportes
Campaña de verán 2026
A piscina municipal descuberta de Bastavales estará aberta todos os días da semana durante os meses de xullo e agosto.
Desde o 1 de xullo ao 31 de agosto
Horario: de 16:00 a 21:00 h
Formas de acceso
Pase diario
Retírase na propia instalación e é válido só para un día.
Ata 14 anos: 0,60 €
Maiores de 14 anos: 1,20 €
Pase de tempada
Solicítase na Casa da Cultura e é válido para toda a tempada.
Ata 14 anos: 6,00 €
Maiores de 14 anos: 12,00 €
Máis información:
Casa da Cultura, Deportes
981 50 99 08
www.concellodebrion.gal
12-Junio-2026 13:32
Cultura e Deportes
A Igrexa parroquial de Bastavales acollerá unha visita teatralizada a cargo de Os Quinquilláns onde a protagonista será Rosalía de Castro.
Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta "As pegadas de Rosalía".
DATA: 3 de xullo
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Igrexa parroquial de S. Xián de Bastavales.
A programación completarase con dúas visitas máis a lugares significativos vinculados coa figura de Rosalía. O 20 de xuño será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 12:00 h., e o 4 de setembro, ás 20.00 h., en As Torres da Hermida, en Lestrobe (Dodro).
As persoas que desexen participar en calquera das actividade deberán enviar un correo electrónico aos enderezos indicados no cartel que anuncia a actividade: https://www.concellodebrion.gal/sites/default/files/2026-06/Cartel%20visita%20lugares%20Rosalianos%2...
As inscrición son gratuítas e poden tramitarse ata o día previo de cada actividade. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.
09-Junio-2026 17:05
Cultura e deportes
As persoas que desexen realizar unha cacharela ou sardiñada con motivo da noite de San Xoán xa poden comunicalo ao Concello de Brión.
O prazo estará aberto ata o día 19 de xuño de 2026, ás 14:00 horas.
Info e incidencias:
Policía Local: 981 89 34 74
GES: 629 87 15 42
Emerxencias: 112
As persoas solicitantes deberán cumprir a normativa que atoparán na seguinte ligazón: https://i.gal/eVRmi
02-Junio-2026 13:02
Novas
Para maiores de 8 anos
En Ponte Ínsua (Ons) nos meses de Xullo e Agosto
Venres de 18 a 20h.
Sábados (Febreiro a Maio): 11 a 12.
CATEGORÍAS
Benxamín: 2016/2017
Alevin: 2014/2015
Infantil: 2012/2013
Cadete: 2010/2011
Xuvenil: 2008/2009
COTA DE INSCRICIÓN
Pagamento da correspondente licenza federativa segundo a idade
REQUERIMENTOS
Obrigatorio saber nadar e facer a ficha federativa
ORGANIZA: Club de Piragüismo Riberias do Tambre
COLABORA: Concello de Brión
01-Junio-2026 12:30
Cultura e Deportes
O vindeiro día 15 de xuño 𝐚𝐛𝐫𝐞 𝐨 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐝𝐦𝐢𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐧𝐨 Esmu Magariños 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚, 𝐂𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐃𝐢𝐯𝐮𝐥𝐠𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧!
Se tes interese pola música, a creatividade e queres formar parte dun espazo único para aprender e compartir, non deixes pasar esta oportunidade.
Consulta as bases e prazos no noso sitio web ou escríbenos para máis información.
Tl. 981 509 903
esmuma@concellodebrion.gal
www.esmumagarinos.com
Mais info: https://i.gal/0KJ4T
01-Junio-2026 12:30
Escola de Música Magariños
A través de "brióninforma", o concello envía periodicamente, bandos, novas, edictos, avisos, consellos ou calquera outra información relevante da vida municipal
Xa fai catro anos cando o Concello de Brión poñía a disposición da veciñanza a aplicación para móbiles "brióninforma". Está é unha aplicación destinada ao envío de notificacións emerxentes e instantáneas coas que os habitantes están informados as 24 horas do día do que sucede no Concello.
Ademais desta funcionalidade a app tamén dispón do módulo COMUNICA dende o cal calquera persoa pode enviar ao concello incidencias, consultas ou propostas de maneira inmediata engadindo imaxe e xeolocalización e con un sistema de seguimento do estado das mesmas en tempo real.
Esta aplicación, que debe instalarse no smartphone, pode obterse de maneira totalmente gratuíta dende a PLAY STORE ou APP STORE.
Fai uns días a app ven de sufrir unha importante renovación. Por un lado o cambio mais salientable é que mudou o seu aspecto a unha interface moito mais moderna e amigable. Ademais doutra serie de melloras, como a opción de poder escoller idioma, agora o veciño ou veciña pode recibir as comunicacións por outras canles alternativas a propia app como son os sms, correo electrónicos, telegram, twitter ou mesmo por whatsapp. Estes novos servizos, que seguen sendo totalmente gratuítos, poden activarse dende a web www.bandomovilpremium.com/brion.
12-Noviembre-2021 10:48
Novas
Que a vixente Ordenanza municipal de posesión e custodia de animais, establece entre outras, as seguintes NORMAS BÁSICAS: 1.- Con carácter xeral autorízase a posesión de animais domésticos de compañía nos domicilios particulares, estando condicionada a que as circunstancias hixiénicas do seu aloxamento sexan óptimas, á ausencia de riscos no aspecto sanitario e á inexistencia de perigos ou molestias evitables para os veciños ou para outras persoas. 2.- Con tal finalidade, desde as 22:00 ata as 8:00 horas prohíbese deixar nos patios, terrazas, galerías ou balcóns, aves e animais en xeral que cos seus sons, ouveos ou cantos perturben o descanso ou tranquilidade dos veciños. No resto do día os propietarios tamén tomarán as medidas precisas para que non se produzan molestias á veciñanza. 3.- Nas vías públicas e os espazos naturais protexidos OS CANS IRÁN SUXEITOS CON CADEA OU CORREA. 4.- Prohíbese a circulación e permanencia de cans e outros animais nas piscinas públicas durante a tempada de baño. 5.- Queda prohibida a entrada de animais en recintos de prácticas de deportes e de xogos infantís ou naqueloutras zonas que o Concello determine atendendo ás súas dimensións ou réxime de usos. 6.- Queda expresamente prohibido que os cans accedan ás zonas de xogo infantil das prazas e parques do municipio. 7.- Prohíbese lavar animais na vía pública e fontes, así como darlles de beber auga afociñados ás billas das fontes públicas. 8.- OS CANS CATALOGADOS COMO POTENCIALMENTE PERIGOSOS terán que circular polas vías públicas e en lugares e espazos de uso público en xeral, ATADOS CON CADEA OU CORREA NON EXTENSIBLE, PROVISTOS DA CORRESPONDENTE BUCEIRA homologada e adecuada para a súa raza. O incumprimento das normas recollidas na ordenanza implica a imposición das sancións que nela se especifican, de acordo coa Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade. O cumprimento destas normas é un ben para todos os que frecuentamos os espazos públicos e, en especial, para os máis pequenos nas súas áreas de xogos, onde con frecuencia levan as mans á boca, e para as persoas que circulan en cadeiras de rodas, o que, nalgúns casos, as obriga a utilizar as mans para impulsarse atopando nas beirarrúas os escrementos dos cans.
01-Diciembre-2017 12:22
Novas
