Cortegada Informa
O Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, establece a normas básicas de ordenación das granxas avícolas de autoconsumo. Por tal motivo, todo aquel que dispoña dun galiñeiro, teñen a obriga de rexistralo no Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia.
A inscrición das explotacións de autoconsumo é obrigatoria e totalmente gratuita. O trámite esta aberto todo o ano, e pódese tramitar da seguinte maneira:

  • De forma presencial, cubrindo un formulario na Oficina da Agraria Comarcal en Ribadavia.De forma electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, trámite (MR501A).
  • Neste caso deberá ter, certificado dixital ou a Chave 365, a cal pode solicitar no Centro de Saúde
  • Nas dependencias Municipais en horario de oficinas de 9 a 13 horas, onde o persoal do Concello daralle asistencia na tramitación e presentación da documentación.

Cortegada, na data que figura ao marxe
Avelino Luis de Francisco Martínez
(Asinado dixitalmente)


Archivos adjuntos:
Bandos / Notas informativas 26-Marzo-2024 12:23