AVELINO LUIS DE FRANCISCO MARTÍNEZ, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE CORTEGADA (OURENSE).
FAGO SABER:
Que se están recibindo numerosas queixas no Concello debido aos PROBLEMAS QUE ESTÁN a XERAR Os CANS SOLTOS á cidadanía en xeral, que de todos son coñecidos.
Ante esta circunstancia, infórmase a todos os propietarios de cans, que:
• Nos espazos públicos, a presenza e circulación dos cans deberá ser sempre vixiada e controlada polo titular dos mesmos.
• Ningún can pode estar solto na vía pública: será obrigatorio a utilización de correa ou cadea coa debida lonxitude.
• Queda terminantemente prohibido soltar os cans para que fagan as súas necesidades orgánicas nas prazas, rúas, xardíns, paseos e demais espazos públicos. As persoas que conduzan os cans impedirán que estes depositen as defecacións en lugares onde molesten a transeúntes e poidan alterar a saúde urbana. Se por calquera causa isto non se cumprise, o dono do can retirará as defecacións ou excrementos, depositándoos, debidamente recollidos nunha bolsa pechada, nas papeleiras ou nos contedores de recollida de residuos sólidos urbanos.
Recoméndase aos propietarios que se utilice o campo en xeral, nos arredores do pobo, onde co debido control poden estar os cans soltos.
Así mesmo INFÓRMASE que, a partir da data do presente bando, cada vez que apareza un can solto na rúa, darase aviso ao servizo de lacería para a recollida e traslado á canceira.
O que se fai público para o coñecemento xeral.
Cortegada, 05 de marzo de 2019
O alcalde,
Avelino Luis de Francisco Martínez
(Asinado electrónicamente)
Archivos adjuntos: |
Info General 05-Marzo-2019 12:13
|