Medio Rural prohibe dende mañá as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas. A partires das 00,00 horas de mañá, venres, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia, quedando excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (SPDCIF) debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición. https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/novas/nova?time=03182021023152&id=nova_estandar56344.ht... Archivos adjuntos: |
Info General 18-Marzo-2021 14:38
|