CITA PREVIA A PARTIR DO 13 DE XUÑO.
¿Como pido cita? Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal ¿Qué servizos se prestan? Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas. Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo. ¿A quen vai dirixido? Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto. Archivos adjuntos: |
Info General 03-Junio-2022 14:08
|