AVELINO LUÍS DE FRANCISCO MARTÍNEZ, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE CORTEGADA (OURENSE).
FAGO SABER QUE: Que debido ás escasas precipitacións dos últimos meses as reservas de auga da vila de Cortegada minguaron de forma considerable. A pesar de que os depósitos de O Caballal e a Tapada, seguen funcionando correctamente, os niveis dos mesmos están moi baixos. Á vista do anterior, e dada a situación de excepcionalidade e as limitadas reservas de auga para consumo humano e para evitar cortes na subministración, QUEDA PROHIBIDO A REGA DE HORTOS E XARDÍNS, ENCHIDO DE PISCINAS, LAVADO DE COCHES E REGA DA VÍA PÚBLICA e infórmase que desde esta Alcaldía non se descarta a posibilidade de establecer sancións a aquelas persoas que incumpran ou fagan caso omiso a esta prohibición. Agradezo a todos os veciños de Cortegada a responsabilidade, solidariedade e comprensión que mostran pola adopción destas medidas que se han de tomar en beneficio de todos. O que se fai público, para o coñecemento xeral. Cortegada, 27 de xuño de 2022 O alcalde, Avelino Luis de Francisco Martínez Archivos adjuntos: |
Info General 27-Junio-2022 14:20
|