Unha vez feita a inspección de predios, observouse a existencia de terreos en estado de abandono nos que proliferou vexetación espontánea, tales como herbas, matogueiras e silvas que, debido á calor propia da época, constitúen un evidente risco de incendio, ademais das condicións insalubres que xeran.
Para evitar situacións como as producidas en anos anteriores en Galicia, nas que se produciron numerosos incendios, cos consecuentes danos materiais e riscos para a seguridade das persoas, REQUÍRESE aos propietarios de terreos para que procedan con moita brevidade á realización de tarefas de limpeza, roza e retirada de restos vexetais das súas leiras, apelando, en primeiro lugar á conciencia cívica e responsabilidade de todos os veciños do municipio de Cortegada , sen esquecer que os propietarios de terreos están obrigados pola lexislación vixente a manter os seus bens inmobles , xa sexan terreos ou edificacións en condicións de salubridade, seguridade e ornato público. En todas as leiras incluídas nunha franxa perimetral de 50 metros de anchura en torno ao núcleo urbano, pero tamén dentro do propio núcleo deberase acometer con carácter urxente a limpeza, realizando para iso as tarefas de roza e limpeza necesarias e retirando os restos vexetais destas leiras. Corresponde ao Concello de Cortegada, o control do cumprimento das devanditas obrigacións, e no seu caso, requirir aos propietarios para a súa limpeza, podendo en caso de incumprimento efectuar de forma subsidiaria e á conta dos propietarios os labores de limpeza pertinentes, sen prexuízo das sancións a que houbese lugar. Archivos adjuntos: |
Info General 16-Marzo-2023 13:42
|