MAGOSTO APRAZADODEBIDO O LOITO OFICIAL DECRETADO TRAS Ó ACCIDENTE FERROVIARIO DE URDA APRAZAMOS O MAGOSTO ATA O VINDEIRO SÁBADO 7 DE NOVEMBRO. (NA MESMA HORA E NO MESMO LUGAR)SI XA QUITACHES A ENTRADA, NON É PRECISO RETIRA UNHA NOVA
MAGOSTO APRAZADODEBIDO O LOITO OFICIAL DECRETADO TRAS Ó ACCIDENTE FERROVIARIO DE URDA APRAZAMOS O MAGOSTO ATA O VINDEIRO SÁBADO 7 DE NOVEMBRO. (NA MESMA HORA E NO MESMO LUGAR)SI XA QUITACHES A ENTRADA, NON É PRECISO RETIRA UNHA NOVA
29-Octubre-2026 14:57
CULTURA E LECER
7 DE NOVEMBRO
ÁS 18:30 H.
CASA DA CULTURA DE LOUSAMEINSCRICIÓNS EN : https://bandoticket.com/es/events/rilo-e-penadique-asdomare
Empadroados: Do 30 o 7 de novembro
Fóra do Concello: Do 5 ao 7 de novembro
ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA A TRAVÉS DA ÁREA DE IGUALDADE, NO MARCO DO PROGRAMA CIRCUÍTO EN IGUALDADEFicha artísticaElenco espectáculo: Vero Rilo y Sonsoles PenadiqueDuración: 50 minutos
Dirixido: Público familiar
Ayer a las 10:54
CULTURA E LECER
5 ERROS QUE TE ESTÁN INFLAMANDO-
E se comezases a comprender o que está a pasar dentro do teu corpo?
A inflamación, o metabolismo, a microbiota intestinal, o sistema nervioso e a masa muscular están relacionados. Coñecer estas conexións pode axudarnos a tomar decisións máis conscientes sobre a nosa saúde.
✨ No obradoiro de MVP Atelier descubrirás cinco aspectos clave:
1️⃣ Resistencia á insulina.
2️⃣ Neuroinflamación.
3️⃣ Disbiose intestinal.
4️⃣ Resistencia anabólica e perda muscular.
5️⃣ Desregulación metabólica e hormonal.
Un espazo para aprender, resolver dúbidas e descubrir como a alimentación, o descanso e o movemento poden contribuír ao teu benestar.
📅Xoves 29 de outubro
🕥 11:00 h
📍 Casa da Cultura de Lousame · Portobravo
🤍 Prazas limitadas. Reserva a túa!
Inscríbete:
Casa da Cultura; 981825780
Organizan e colaboran:
MVP Atelier × Concello de Lousame
🌱 Coñecemento hoxe. Saúde mañá.
27-Octubre-2026 14:15
CULTURA E LECER
LEMBRADE:FESTA SOLIDARIA MAGOSTO MEIGOANIMÁDEVOS A VIR DISFRAZAd@S E PASAR UNHA TARDE DE MEDO!!CANDO: SÁBADO 31 DE OUTUBROONDE: NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL PILAR BARREIROHORARIO: DE 17:00 A 20:00h.
DENDE O CONCELLO OFRECÉMOSCHE ACCESO GRATUÍTO AO MAGOSTO A CAMBIO DA TÚA CONTRIBUCIÓN SOLIDARIA: MÍNIMO UN PRODUCTO DE HIXIENE OU DE LIMPEZA POR ENTRADA
DEGUSTAREMOS CASTAÑAS-PAN CON CHOURIZOINCHABLES- OBRADOIROS- XOGOS TRADICIONAISANIMACIÓN MUSICAL A CARGO DE: JAVI SOLLAMÚSICA TRADICIONAL : A.F. CANLEBÓ DE CAMBOÑO, A. C. O SON DO POTE, PANDERETEIRAS DA UNED SENIOR
27-Octubre-2026 13:00
CULTURA E LECER
LEMBRADE ESTE VENRES 30
O documental "Ao son da nova regueifa" está dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas, unha peza que afonda na tradición da regueifa e na súa evolución contemporánea a través dun percorrido polo territorio e polas persoas que a manteñen viva. Con unha duración aproximada dunha hora, o documental constrúe un relato coral que combina música , testemuñas e improvisación oral, ofrecendo unha mirada actual sobre unha das expresións máis singulares da nosa cultura, entendida como unha práctica viva, en constante transformación e con gran capacidade de conexión co público.
Venres 30,
Ás 20:00 h.
Casa da Cultura
Inscricións: https://backend.bandoticket.com/events/documental-ao-son-da-nova-regueifa
Casa da Cultura; teléfono 981825780
Empadroados ata o venres 30
Forá do concello a partir mércores 28
26-Octubre-2026 13:32
CULTURA E LECER
Data: 30 de octubre
Hora: 11:30 H.
Casa da Cultura
Descubra como mellorar a súa calidade de vida e aliviar a dor asociada a:
Artrose
Artrítis
Cervialgia
Lumbalxia
Inscricións: 622286589
Casa da Cultura; teléfono 981825780
26-Octubre-2026 09:56
CULTURA E LECER
CASA DA CULTURA "SANTEIROS DE CHAVE" DE LOUSAME
DOMINGO 25 DE OUTUBRO
18.00 HORASSupercoroza
SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo.
Os contos e as cancións en Galicia servían para transmitir o calendario agrícola e os mitos dunha xeración a outra e o galego foi o seu vehículo de transmisión. A importancia da lingua nesta transmisión resulta fundamental dado que hoxe sabemos que as distintas linguas permiten costruír mentes distintas, polo tanto, a idiosincrasia das persoas que viven en Galicia e a súa tradición oral non sería o mesmo se non fora en galego, por iso tamén a necesidade de falalo e protexelo.
Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.
Idades
Dende os 5 anos
Duración
40-45 min.
Estrea
17/05/2023 - Raigame (Vilanova dos Infantes)
Elenco artístico
Topo Vidal
Música e baile
Lois Prado
Idioma
Galego
Produción e distribución
A Xanela do Maxín
Idea orixinal
Celtia Figueiras
Autoría e dirección
Xosé Breijo "Topo"
Vestiario e escenográfia
Xosé Breijo
Lois Prado
https://axaneladomaxin.com/espectaculos/supercoroza-na-eira-e-na-lareira/
PODES ACUDIR CONSEGUINDO A ENTRADA DE CONVITE DOS SEGUINTES XEITOS:
1-RETIRAR A ENTRADA EN BANDOTICKET.COM (O MÁIS SEGURO E AXIL)
2-CHAMAR POR TELÉFONO AO DEPARTAMENTO DE CULTURA (981 82 57 80)
3-O MESMO DÍA DA ACTUACIÓN NA CASA DA CULTURA, 30 MINUTOS ANTES DA ACTUACIÓN (RESERVAMOS UN 10% DAS ENTRADAS A TAL EFECTO)
21-Octubre-2026 12:27
CULTURA E LECER
PRESENTACIÓN E FIRMA DO LIBRO- "UNA NUEVA VIDA " DE LORENA LOURO
DATA: 23 DE OUTUBRO
ONDE: CASA DA CULTURA
HORA: 20:30 H.
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO
21-Octubre-2026 10:06
CULTURA E LECER
5 ERROS QUE TE ESTÁN INFLAMANDO- APRAZADO ATA NOVA DATA
E se comezases a comprender o que está a pasar dentro do teu corpo?
A inflamación, o metabolismo, a microbiota intestinal, o sistema nervioso e a masa muscular están relacionados. Coñecer estas conexións pode axudarnos a tomar decisións máis conscientes sobre a nosa saúde.
✨ No obradoiro de MVP Atelier descubrirás cinco aspectos clave:
1️⃣ Resistencia á insulina.
2️⃣ Neuroinflamación.
3️⃣ Disbiose intestinal.
4️⃣ Resistencia anabólica e perda muscular.
5️⃣ Desregulación metabólica e hormonal.
Un espazo para aprender, resolver dúbidas e descubrir como a alimentación, o descanso e o movemento poden contribuír ao teu benestar.
📅 Venres, 23 de outubro
🕥 10:30 h
📍 Casa da Cultura de Lousame · Portobravo
🤍 Prazas limitadas. Reserva a túa!
Organizan e colaboran:
MVP Atelier × Concello de Lousame
🌱 Coñecemento hoxe. Saúde mañá.
21-Octubre-2026 10:00
CULTURA E LECER
LEMBRADE ESTE DOMINGO 18, ÁS 18:00H NA CASA DA CULTURA DE LOUSAME
NON É NECESARIO RESERVAR ENTRADA
ENTRADA DE BALDE
“Os contos do Lobicán” é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.
O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022 e gañador do Premio ao Mellor Espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares. O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.
Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Nai Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.
“Os Contos do Lobicán” é unha historia conmovedora que resalta a importancia da amizade, a aceptación da diferenza e o respecto pola natureza, deixando unha poderosa lección sobre a importancia de valorar as relacións persoais e protexer o noso medio ambiente.
14-Octubre-2026 11:00
CULTURA E LECER
Propoñemos unha actividade para poñer en valor nosa lingua, na que imos mesturar a narración, a ilustración e a música. Así, o narrador conta a historia, mentres a ilustradora realiza un mural e o músico tradicional interpreta diversas pezas con diferentes instrumentos en directo. A actividade remata realizando un obradoiro de debuxo (todos xuntos ) seguindo as indicacións da ilustradora
Venres 9 de outubro
Ás 18:00 h.
Casa da Cultura
Público infantilNarrador: Quique Mauricio
Ilustradora : Tania Solla
Esperámosvos!!
07-Octubre-2026 11:10
CULTURA E LECER
FESTA SOLIDARIA MAGOSTO MEIGO
DENDE O CONCELLO OFRECÉMOSCHE ACCESO GRATUÍTO AO MAGOSTO A CAMBIO DA TÚA CONTRIBUCIÓN SOLIDARIA: MÍNIMO UN PRODUCTO DE HIXIENE OU DE LIMPEZA POR ENTRADA
31 DE OUTUBRODE 17:00 A 20:00h.NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL PILAR BARREIRODEGUSTAREMOS CASTAÑAS-PAN CON CHOURIZOINCHABLES- OBRADOIROS- XOGOS TRADICIONAISANIMACIÓN MUSICAL A CARGO DE : A.F. CANLEBÓ DE CAMBOÑO, O SON DO POTE
02-Octubre-2026 15:33
CULTURA E LECER
¡APÚNTATE AOS DEPORTES QUE MÁIS CHE GUSTEN!
VOLEIBOL
BALONCESTO
TENIS DE MESA
PSICOMOTRICIDADE
PREDEPORTE
BÁDMINTON
DO 13 DE OUTUBRO AO 11 DE XUÑO DE 2027
INSCRICIÓNS EN : www.bandoticket.com
01-Octubre-2026 15:03
DEPORTES
XVIII HOMENAXE A PRUDENCIO ROMO
ACTUACIÓN DO GRUPO A. F. CANLEBÓ DE CAMBOÑO E A BANDA DE MÚSICA DE LOUSAME
AUDITORIO DA CASA DA CULTURA DE LOUSAME
VENRES 18 DE SETEMBRO
ÁS 21.00 HORAS
ENTRADAS:
https://bandoticket.com/es/events/xviii-homenaxe-a-prudencio-romo-grupo-a-f-canlebo-de-cambono-e-a-b...
14-Septiembre-2026 14:26
CULTURA E LECER
XVIII HOMENAXE A PRUDENCIO ROMO
ACTUACIÓN DO GRUPO A MISELA DE NOIA-MÚSICA IBEROAMERICANA
AUDITORIO DA CASA DA CULTURA DE LOUSAME
VENRES 11 DE SETEMBRO
21.00 HORAS
https://grupoamisela.gal/es/
ENTRADAS:
https://bandoticket.com/es/events/grupo-a-misela-de-noia-homenaxe-a-prudencio-romo
04-Septiembre-2026 21:39
CULTURA E LECER
LUNS 31 DE AGOSTO
10 A 14.00 HORAS
POLIDEPORTIVO E PISCINA MUNICIPAL
INCHABLE ACUÁTICO, FESTA DA ESCUMA, HOLI RUN...
OS NENOS E NENAS DO VERÁN ACTIVO PODEN PARTICIPAR TAMÉN, ESO SÍ, TEÑEN QUE CONFIRMAR A SÚA ASISTENCIA ENVIANDO UN MAIL A culturadelousame@gmail.com
28-Agosto-2026 13:13
CULTURA E LECER
XVIII HOMENAXE A PRUDENCIO ROMO
SUL PONTICELLAS QUARTET E BANDA DE MÚSICA DE LOUSAME
VENRES 4 DE SETEMBRO
21.00 HORAS.
ENTRADAS: https://bandoticket.com/es/events/homenaxe-a-prudencio-romo-sul-ponticellas-quartet-e-banda-de-music...
Sul Ponticellas Quartet é un grupo que forman Lorena Yáñez, Paula García, Verónica Valido e Jéssica Torres, un cuarteto que leva a música actual ao rexistro do violonchelo; esa frescura dalle unha forma diferente a un instrumento de corte clásico, é o seu sinal de identidade, unha proposta diferente e moi atractiva. En este concerto estarán acompañadas da Banda de Música de Lousame, facendo un percorrido musical polas músicas do mundo.
26-Agosto-2026 12:58
CULTURA E LECER
SIRAT, DE OLIVER LAXE
LUNS 17 DE AGOSTO
22.00 HORAS
PARQUE DE CORRAL DE ARRIBA
ESTE FILME É UNHA ACTUACIÓN ENCADRADA NO PROGRAMA VISIÓNS DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA O ANO 2026
https://www.filmaffinity.com/es/movie-awards.php?movie-id=780154
13-Agosto-2026 09:20
CULTURA E LECER
LEISURE ACTIVITIES IN ENGLISH-LOUSAMEDO 17 DE AGOSTO AO 21 DE AGOSTODE LUNS A VENRES , HORARIO : 10:30 a 13:30DIRIXIDO A NENOS E NENAS DE 6 A 12 ANOSACTIVIDADES: MANUALIDADES PINTURA, CONVERSACIÓNS, XOGOS KARAOKE, MÚSICA E MOITA DIVERSIÓN+INFORMACIÓN: 981820494INSCRICIÓNS: https://bandoticket.com/events/leisure-activities-in-english-lousame-lousame-escola-do-sanguinal
24-Julio-2026 13:59
XUVENTUDE
No BOLOFEST desfrutaremos das actuacións de:
ESPAZO TALENTO 16:30H
VZ HIZZ 18:00H
THE CODS 18:45 H.
CAYETANO 20:00H.
ZORZAVELLA 20:45H
SARA&MAJOS 21:30H.
ADHAR&RITMAN 23:00H.
10-Julio-2026 18:00
CULTURA E LECER
E como non de música se alimenta o corpo...no BOLOFEST TEREMOS PULPEIRA DO CARBALLIÑO ABERTA A PARTIR DAS 14:00 H...
e tamén posto de arepas
10-Julio-2026 17:45
CULTURA E LECER
𝗘 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗼 𝗮𝗼 𝗕𝗼𝗹𝗼𝗙𝗲𝘀𝘁?
Xa comentamos nestes días que haberá ata 3 aparcamentos gratuítos na contorna do campo vello de fútbol de Cruído: o do propio campo, o da contorna do CPI Cernadas de Castro e a marxe dereita da pista de acceso á piscina municipal.
Pero é que ademáis o Concello ofrece un servizo gratuíto de conexión con Noia; Autos Comparado
Ás 14:30 h da Estación de Autobuses de Noia ao @bolofest.music
Ás 20:00 h. da Estación de Autobuses de Noia ao @bolofest.music
E do BOLOFEST LOUSAME á Estación de Buses de Noia ao remate do festival (00:15 h).
Xa non tes excusas para non vir, desfrutar da música, a gastronomía e o bo ambiente do BOLOFEST 2026.
Agardámoste
10-Julio-2026 17:33
CULTURA E LECER
PARKING DISPOÑIBLE PARA ASINTENTES O BOLOFEST DESPRAZADOS EN COCHE
08-Julio-2026 14:35
CULTURA E LECER
CARTEL DO BOLOFEST
E HORARIO DE ACTUACIÓNS
08-Julio-2026 14:27
CULTURA E LECER
FESTIVAL DE MÚSICA EMERXENTE DE ARTISTAS LOCAIS E COMARCAIS
Prepárate para unha xornada inesquecible chea de ritmo, talento e moi bo ambiente.
SÁBADO 11 DE XULLO
CAMPO VELLO DE FÚTBOL DE CRUÍDO
Apertura de portas dende ás 14:00 H.
VENTA DE ENTRADAS A PARTIR DO VENRES 3 DE XULLO ÁS 14:00H.
Entrada solidaria a favor de Cruz Vermella:
Anticipada- 1 €
Taquilla- 2 €
Punto de venta Lousame: A DO PANADEIRO - CAFETERÍA NOROESTE (TANATORIO)- ALQUINOIA, FLORES DA COSTIÑA
Puntos de venta en Noia: MANDUCKA, JARA-TUSAS, A XANELA, FINA STAMPA
Servizo gratuíto de autobuses
Saída Autobús do Comparado ás 14:30 da Estación de Autobuses de Noia
Autobús de volta dende o Festival a Noia o finalizar os concertos ás 12:00 h.
02-Julio-2026 14:26
CULTURA E LECER
