Está previsto por en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado “Terras do Sor VII”. Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade. A duración do obradoiro é de 12 meses e o número de alumnos/as participantes é de 20, correspondendo 6 a este concello distribuídos nas seguintes especialidades: - Traballos de carpintería e moble: 3 alumnos/as - Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 3 alumnos/as Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como desempregados/as e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas. Para acceder a calquera das dúas especialidades requirirase ter unha titulación mínima: ESO, Competencias Clave ou equivalente. Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director/a, tres monitores/as e un administrativo/a. Os interesados/as deberán pasar canto antes polo Concello de Ourol ou a Oficina de Emprego de Viveiro para inscribirse específicamente para Obradoiros de Emprego e nunha das dúas especialidades en concreto. |
Emprego 03-Octubre-2023 14:07
|