Ourol Informa

Están expostas as bases de selección do director/a, persoal docente e administrador/a do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VII que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.

Os postos convocados son:

-          1 director do obradoiro

-          2 monitores/as de carpintaría de madeira

-          1 monitor/a sociosanitaria

-          1 administrador/a a media xornada

Selección: A selección de todos estos postos será os seguintes días no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo e co seguinte horario :

-          Director: 13 de novembro ás 9:30 horas

-          Administrador/a: 13 de novembro ás 10:30 horas

-          Monitor/a de atención sociosanitaria: 13 de novembro ás 11:30 horas

-          Monitores/as de carpintaría de madeira: 13 de novembro ás 12:30 horas

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es

 

 

Emprego 27-Octubre-2023 14:25