Ourol Informa
O Concello de Ourol organiza un CAMPAMENTO DE NADAL dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos empadroad@s no concello. Este campamento levarase a cabo dende o día 26 de decembro ao 5 de xaneiro  (8 días) en horario de 10:30 a 13:30 no Edificio Multiusos e Pavillón Polideportivo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 15  e 20 de decembro.

Os documentos para a realización da inscrición están disponibles no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello.

Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982 559109/677489457)



Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 14-Diciembre-2023 10:24