CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUA GALEGA :Celga 2, Celga 3, Celga 4
CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4 CURSOS CONVOCADOS: Cursos presenciais (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) e cursos en liña. PERSOAS DESTINATARIAS: todas as persoas interesadas maiores de 16 anos. Solicitudes: as solicitudes para participar nestes cursos deberán facerse a través do seguinte enderezo electrónico: https://formacion-lingua.xunta.gal , seleccionar o curso que se desexe realizar e cubrir a solicitude de inscrición. Non se admiten outras formas de presentación de solicitudes. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. As persoas interesadas nun curso deberán realizar unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta ós seus coñecementos previos. O resultado positivo dará preferencia para asignar as prazas para ese curso. Un resultado negativo non dará preferencia para asignar prazas. As persoas que soliciten un curso en liña deben dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos. - Un ordenador con conexión a internet (de banda larga). - Un navegador web (recomendase ter instalada a última versión de Firefox). - Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición. - Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente). PRAZO DE PRESENTACIÓN: será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. ASIGNACIÓN DE PRAZAS: a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro, a partir da relación de persoas que superaron a proba de nivel correspondente ao curso solicitado. A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga) que se convocan periodicamente. Máis información do DOGA nº 34 do venres, 16 de febreiro de 2024. No teléfono 982 55 90 19 ou na Biblioteca Municipal de Ourol. |
Biblioteca 16-Febrero-2024 09:31
|