Ourol Informa
Nos próximos días vanse iniciar unha serie de cursos para persoas desempregadas dentro das accións formativas que desenrola en Viveiro a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Os cursos a desenvolver son os seguintes:

- Mecanizado por arranque de labra. Nivel de certificado de profesionalidade 2 (*). Inicio do curso: 03-04-2024

- Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial. Nivel de certificado de profesionalidade 2 (*). Inicio do curso: 08-04-2024

- Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial. Nivel de certificado de profesionalidade 2 (*). Inicio do curso: 09-04-2024

- Actividades auxiliares de comercio. Inicio do curso: 10-04-2024

- Comunicación en língua inglesa. Inicio do curso: 11-04-2024






Nivel de certificado de profesionalidade 2 (*): débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
  • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia.
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
  • Ter superado as competencias clave.
Os interesados poden poñerse en contacto coa Oficina de Emprego de Viveiro ou chamar ao teléfono 982-828714


Emprego 18-Marzo-2024 13:59