APERTURA Á CIRCULACIÓN DA ESTRADA MUNICIPAL QUE UNE A PARROQUIA DE BRAVOS COA PARROQUIA DO SISTO DEBIDO A DERRUBE DE PARTE DESTA VÍA MUNICIPAL ENTRE O CRUCE DE ACCESO A DOMECELLE E O NÚCLEO DE REGO DA PONTE (PQ DE BRAVOS)
Desde o Concello de Ourol informase que desde o día de hoxe xa se pode circular na referida estrada municipal que une a parroquia de Bravos coa parroquia de O Sisto, na parte desta vía entre o cruce de acceso a Domecelle e o núcleo de O Rego da Ponte (Pq. Bravos), debido a que se remataron os costosos e complexos traballos de reparación da obra de paso que existía neste tramo da vía municipal e que sufrira un derrubamento debido a circunstancias meteorolóxicas adversas.
Este traballos consistiron na reparación da obra de paso existente en dito tramo no rego da Veiga, para o cal se colocou un marco prefabricado de formigón armado de dimensións interiores 4,00 x 2,50 m asentado sobre unha soleira de formigón e aletas formadas por pedra granítica, colocando tamen unha valla de seguridade nos dous lados da vía e realizando a correspondente reposición do firme e pavimento mediante a aplicación dun triple tratamento bituminoso. Estes costosos traballos de reparación levaronse a cabo a través dun Convenio Interadministrativo de Cooperación entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Ourol, por un importe total de 133.500,00 euros, dos cales a aportación da Deputación Provincial de Lugo ascendeu a 123.500,00 euros e a aportación do Concello de Ourol ascendeu a 10.000,00 euros. Por tanto, a partir do día de hoxe esta estrada municipal que une a parroquia de Bravos coa parroquia de O Sisto, e por tanto a parte desta vía entre o cruce de acceso a Domecelle e o núcleo de O Rego da Ponte (Pq. Bravos), é apta para a circulación de vehículos. (Adxuntamos fotografías da zona unha vez rematadas as obras) Archivos adjuntos: |
Info General 20-Marzo-2024 13:08
|