SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS 2024
Actuacións subvencionables:
1. Consideraranse subvencionables as actuacións para a mellora da accesibilidade. En particular, as seguintes: a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida. b) A instalación ou dotación de produtos de apoio tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos de guiado que permitan a localización, o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio. c) A instalación de elementos de información, de comunicación ou de aviso tales como sinais luminosos e visuais, vibrotáctiles ou sonoros que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas. d) A instalación de produtos de apoio á audición para a accesibilidade no contorno, como os bucles magnéticos. e) A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos. f) A instalación de dispositivos de alarma no ascensor que garantan un sistema de comunicación visual, auditiva e bidireccional co exterior para os casos de emerxencia ou atrapamento. g) A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade. h) Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas i) Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do Código técnico da edificación DB-SUA, seguridade de utilización e accesibilidade. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade de utilización nos ascensores, como a mellora da nivelación da cabina. Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada: a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila. b) As persoas propietarias ou usufrutuarias de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva. c) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva. d) As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. e) As sociedades cooperativas de vivendas f) As persoas propietarias que, de forma agrupada sexan propietarias de edificios, que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal. g) As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa. h) As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria costee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo a parte ou á totalidade da renda arrendaticia. Requisitos das vivendas unifamiliares: - Estar rematadas antes de 2006. Non se exixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapcidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. - Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias Contía máxima das axudas: - Vivendas unifamiliares: 12.500 € por vivenda con carácter xeral. - Edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva: 9.000 € por vivenda e 90 €/m2 de superficie construida de uso comercial con carácter xeral, - Vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva: 6.000 € por vivenda con carácter xeral. - Estas tres axudas terán os seguintes incrementos: 15.000 € si reside unha persoa con discapacidade, 18.000 € si acredita un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % Prazo de presentación: 22/03/2024 - 22/04/2024, ou ata o esgotamento do crédito. As subvencións vanse resolvendo por orde de entrada. Informa: DOG nº 58 de data de 21 de marzo de 2024 |
Emprego 21-Marzo-2024 09:56
|