Ourol Informa
INFORMACIÓN PÚBLICA: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DO INVENTARIO DE CAMIÑOS E VÍAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE OUROL Infórmase a todos os veciños do Concello de Ourol, que en data 1 de abril de 2024 o Pleno do Concello de Ourol, aprobou inicialmente a Revisión e actualización do Inventario de Camiños e Vías Municipais do noso concello; polo que se abre un periodo de 1 mes (contado a partir do día 9 de abril de 2024) para que calquera persoa física ou xurídica poida examinar o expediente e formular as alegacións, reclamación ou suxerencias que considere oporturnas.
Así mesmo, infórmase que os servizos técnicos do Concello van a realizar reunións informativas para todos os veciños, nas datas e ubicacións que se indican a continuación:

.- Parroquia de Ourol: Día 12 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Salón de Plenos do Concello de Ourol

.- Parroquia de Miñotos: Día 23 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Centro Social de Miñotos.

.- Parroquia de Xerdiz: Día 24 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Centro Social de Xerdiz.

.- Parroquia de Merille: Día 26 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Centro Social de Merille.

.- Parroquia de Bravos: Día 29 de abril, de 10:00 a 13:00 horas; no Centro Social de Bravos.

.- Parroquia de O Sisto: Día 3 de maio, de 10:00 a 11:00 horas; no Centro Social de O Sisto.

.- Parroquia de Ambosores: Día 3 de maio, de 11:30 a 12:30 horas; no Centro Social de Ambosores.

.- Parroquia de San Pantaleon: Día 3 de maio, de 13:00 a 14:00 horas; no Centro Social de San Pantaleon.

Toda a información referente a esta Revisión e actualización do Inventario de Camiños e Vías municipais poderá consultarse a través da páxina web do concello de Ourol: https://www.concellodeourol.es



Archivos adjuntos:
Info General 08-Abril-2024 12:29