Ourol Informa
XORNADA SOBRE NUTRICIÓN E HÁBITOS SAUDABLES O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, dentro do Programa Xunt@s para impulsar a participación cidadá, vai a levar a cabo unha actividade sobre NUTRICIÓN E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE. Esta actividade realízase co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e hábitos saudables, proporcionando información práctia e consellos útiles para mellorar a calidade de vida a través dunha nutrición axeitada e un estilo de vida saudable.

Lugar: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
Día: venres 19 de abril de 2024

Horario: 17:00 horas
Para anotarse nesta actividade pode dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ós teléfonos 982559109/677489457





Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 08-Abril-2024 14:11