Ourol Informa
Hoxe sae publicado no DOG a convocatoria de prazas para estadías de familias en Residencias de tempo libre (DOG. num 71 de 11 de abril de 2024)
OBXECTO:

Trátase dun programa de estadías para familias nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) que inclue aloxamento e mantemento en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea, cun menú único) durante 6 noites.


Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada pola/s persoa/s adulta/s e, de ser o caso, as fillas e os fillos e persoas maiores que convivan de xeito permanente ou temporal, coa persoa solicitante..  Asimesmo, terán a consideración de fillos e fillas as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.

CUSTE POR PERSOA E DÍA: Dende 23,81€ a 37,26€ dependendo de si a tempada é baixa-media-alta ou se os cuartos son individuais ou compartidos.  Aplícanse descontos para determinadas circusntancias (nenos menores de 12 anos: 50% ; familias numerosas: 30%; discapacidade:10%; persoas maiores de 60: 10%; vitimas de violencia de xénero: 50%


ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Por orde de presentación da solicitude (con prioridade para as familias de especial consideración: numerosas, monoparentais, acolledoras, vítimas de violencia de xénero)

DATAS DAS ESTADÍAS: Anexo III da orde de convocatoria

Residencia de Panxón:


XULLO: do 9 ao 15; do 17 ao 23; do 25 ao 31

AGOSTO: do 2 ao 8; do 10 ao 16; do 18 ao 24


AGOSTO-SETEMBRO: do 26 de agsoto ao 1 de setembro

SETEMBRO: do 10 ao 16; do 18 ao 24.


SETEMBRO-OUTUBRO: do 26 de setembro ao 2 de outubro.


Residencia O Carballiño:


XUÑO: Do 24 ao 30


XULLO: do 24 ao 30

AGOSTO: do 1 ao 7; do 9 ao 15; do 17 ao 23; do 25 ao 31

SETEMBRO: do 2 ao 8, do 10 ao 16; do 18 ao 24

SETEMBRO-OUTUBRO: do 26 de setembro ao 2 de outubro.


Para máis información poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)






Servicios Sociales 11-Abril-2024 11:57