BONOS ACTIVA COMERCIO
A Consellería de Economía, Industria e Innovación vai abrir próximamente o prazo para a solicitude dos Bonos Activa Comercio do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas OBXECTO: Incentivar a demanda comercial axudando económicamente as persoas consumidoras a fomentar o cunsumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña. COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: No prazo que vai do día 16/04/2024 ata o 01/09/2024, os establecementos minoristas interesados poderán solicitalo na web https://bonosactivacomercio.gal. Requisitos para poder adherirse: - Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia. - Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas. - Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen na orde publicada no DOG nº 74 de 15/04/2024. CONDICIÓNS DE USO DOS BONOS: Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta previamente na web https://bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información: Nome e apelidos, Localidade de residencia, Maioría de idade, DNI, Tfno móvil, Correo electrónico. Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios comercios retallistas adheridos ao programa. Cada bono terá un valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obter os seguintes descontos: - Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €. - Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €. - Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 € (IVE incluído). DATA DE ACTIVACIÓN DOS BONOS: Os bonos estarán disponibles na web https://bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 26 de abril de 2024 e terán unha validez ata o 15 de setembro de 2024 O programa Bonos Activa Comercio estará vixente ata o 31 de decembro de 2024. INFORMA: Orde do 5 de marzo de 2024 da Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 74 de data de 15/04/2024) Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109 |
Emprego 15-Abril-2024 12:40
|