OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL: 2 SOCORRISTAS. XORNADA COMPLETA
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso de dous postos de socorristas para a piscina publica municipal de Ourol para a tempada de verán do 2024. A duración dos contratos é de dous meses. Para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación. Só serán admitidos e poderán presentarse a este proceso selectivo os candidatos/as que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido/a ningún outro/a candidato/a que non figure no citado listado. O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 10 ao 18 de xuño de 2024 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es |
Emprego 06-Junio-2024 12:02
|