TARXETA MOEDEIRO BÁSICA 2024
Trátase dun programa para ofrecer productos de alimentación e outros productos de primeira necesidade a familias con menores a cargo en condicións de extrema vulnerabilidade económica.
Este programa está financiado co Fondo Social Europeo Plus a través do Ministerio de Dereitos Sociais. A xestión do programa realízase a través de Cruz Roja Española que será a entidade encargada de expedir as tarxetas moedeiro. Para a solicitude de inclusión no programa deberán dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello onde realizarán a valoración da situación de vulnerabilidade económica da familia e posterior derivación a Cruz Roja no caso de cumplir os requisitos. O importe que recibirán as familias nas tarxetas dependerá do nº de membros da unidade de convivencia: - 2 membros (1 adulto e 1 menor)...130€/mes - 3 membros .....................................160€/mes - 4 membros......................................190€/mes - 5 ou máis membros........................220€/mes Para máis información poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello (982559109/677489457) |
Servicios Sociales 07-Junio-2024 12:52
|