Ourol Informa
PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO 2024-2025
O Concello de Ourol informa que:


Dende o luns 1 de xullo de 2024 ata o luns 22 de xullo de 2024–ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un período de presentación de NOVAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN neste Programa para a tempada 2024-2025, exclusivamente para aquelas persoas que non estean incluídas no Programa de Turismo do Imserso.

Nos próximos días, as persoas xa acreditadas na base de datos do Imserso para a súa participación no Programa de Turismo do Imserso recibirán nos seus domicilios as cartas de renovación incluíndo os IMPRESOS DE MODIFICACIÓN DE DATOS, con obxecto de que, se procede, comuniquen as variacións nos mesmos para participar na próxima tempada 2024-2025.

Se os datos non variaron e se consideran correctos, NON é preciso que se realice ningunha actuación e NON HAI QUE REMITIR o impreso cuberto.
Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109)
Servicios Sociales 26-Junio-2024 09:20