Ourol Informa
BONOS DIXITAIS PARA COLECTIVOS VULNERABLES
Dende o 29 de xuño e ata o 30 de setembro de 2024 permanecerá aberto o prazo de solicitude das axudas enmarcadas no programa UNICO Bono Social para a cidadanía.

Está dirixido a persoas que reciben a Risga da Xunta de Galicia ou o IMV do Goberno de España ou cuxa renda anual sexa inferior ao 125% do IPREM en caso de non haber menores na unidade familiar ou 175% no caso de que si haxa menores.

O bono poderase empregar para a contratación ou mantemento da conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps. 

Nesta nova convocatoria será subvencionable o servizo xa instalado nos fogares, non se precisa unha nova contratación.

O desconto do bono consiste nunha minoración na mensualidade, ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.

Para levar a cabo a solicitude recoméndase a presentación telemática a través dunha persoa autorizada, como pode ser o persoal dos servizos sociais comunitarios, para o que, ademais da presentación directa na SEDE (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AP400A&ano=2024&numpub=1), está previsto habilitar nos próximos días un formulario específico  na plataforma HSUE: https://hsue.xunta.gal.

Non obstante, as persoas interesadas poderán presentar tamén as súas solicitudes a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AP400A&ano=2024&numpub=1) ou de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez concedido o bono as persoas beneficiarias deberán levar a cabo a contratación do servizo a través dunha das entidades colaboradoras ou, no caso dun servizo que se manteña, solicitar á entidade colaboradora coa que teñen contratado dito servizo a aplicación do desconto do bono dixital. Poden consultarse os canais de contacto das entidades colaboradoras a través do rexistro de operadores colaboradores accesible nas seguintes ligazóns:

Pódese ver a información resumida no documento “2024 Folleto Bono Digital” que se achega.

Máis información
Tel. 881 887 432


Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 28-Junio-2024 13:08